8.5.08

ADENCO


NOME: ADENCO_ Asociación para a Defensa da Natureza do Condado
CORREO ELECTRÓNICO: adencotea@yahoo.es
PÁXINA WEB: http://www.adenco.org/
TELÉFONO: +34 666 893 879
ENDEREZO: Apartado de Correos 132
CÓDIGO POSTAL: 36860
LOCALIDADE: Ponteareas
DISTRITO/PROVINCIA: Pontevedra


ACTIVIDADES FEITAS NOS ÚLTIMOS 15 MESES (breve resumo da actividade):

A Asociación para a Defensa da Natureza do Condado, ADENCO, é unha asociación sen ánimo de lucro que se fundou un 23-F de 1990 cando un grupo de mozos e mozas se decidiron a constituir un colectivo que traballase a prol da conservación e defensa do Medio Ambiente.

Actividades:

+ Edición dun boletín informativo mensual.
+ Festa 17 aniversario e exposición de fotografías históricas.
+ Asistencia á Asemblea da Feg, en Neda-Coruña, o 31 de Marzo (FEG: Federación Ecologista Galega).
+ RoteiroRíos 07.
+ Participamos nas Xornadas de Saúde Natural e Ecología.
+ Celebramos o XVIII Día da Árbore.
+ Denunciamos a contaminación das augas do Río Tea na Praia das Partidas en Moreira.
+ Coorganizamos a 1ª Masa Crítica de Pontearas, o 21 de Setembro, dentro da Semana Europea da Mobilidade.
+ Coorganizamos tamén, xunto á FEG e a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra, unhas xornadas sobre Dereito Ambiental na cidade do Lérez.
+ Participamos e colaboramos nun curso de micoloxía organizado pola Consellaría do Medio Rural en Ponteareas, entre o 16 e o 25 de Outubro.
+ Celebración das XVIII Xeiras Micolóxicas.
+ Participamos na elaboración do Plan de Conca do Río Miño.


PARTICIPACIÓN EN PROGRAMAS EUROPEOS (Xuventude en Acción, Grundtvig, Leonardo, Comenius … outros): non